Friday, 28 April 2023
Emerging Technologies to Extract Fucoxanthin from Undaria pinnatifida: Microwave vs. Ultrasound Assisted Extractions
Saturday, 22 April 2023
Method development and validation for acrylamide in potato cutlet by UHPLC-MS/MS
Thursday, 20 April 2023
Jesús Simal incorpórase ao comité internacional mixto FAO/OMS que avalía a seguridade dos aditivos alimentarios
Fonte: DUVI
Wednesday, 19 April 2023
Enhancing the biorefinery of chestnut burrs. Part I. Study of the pretreatment with choline chloride urea diluted deep eutectic solvent
Biomass & Bioenergy, 173, 106786, 2023
Tuesday, 11 April 2023
A UVigo participa nunha investigación europea para desentrañar o potencial do microbioma do trigo e desenvolver alimentos e pensos máis sans e sostibles
Xunto á UVigo, a Universitat de València e as empresas Contactica, Isanatur Spain e Editorial Agrícola Española conforman a representación española no proxecto que ten como obxectivo principal comprender de que modo a microbiota impacta, dunha banda, o cultivo do trigo e a calidade nutricional de forma xeral e específica, respecto ás proteínas causantes la enfermidade celíaca; a produción de novos alimentos para humanos e animais usando microbiota autóctona con carácter probiótico, así como outros microorganismos con coñecida capacidade probiótica; a percepción de sabor a través do estudo da interacción composición alimento-microbiota, alimento-microbiota humana, e o impacto na saúde a través dos estudo da interacción composición alimento microbiota, alimento-microbiota humana.
“Contamos con expertos das áreas de edafoloxía e química agrícola, ciencia e tecnoloxía dos alimentos e nutrición, alimentación animal e ciencias veterinarias, bioloxía molecular e celular e nutrixenómica e estudos clínicos”, detalla a coordinadora de Wheatbiome, que engade que este traballo será complementado con expertos en transferencia de coñecemento (formación ao sector primario), a industria alimentaria (encargada dos prototipos de alimentos a testar en humanos) e un equipo de bioinformáticos, para desenvolver unha ferramenta de toma de decisións nunha perspectiva transnacional para modelizar os datos obtidos para predicir comportamentos futuros.
En canto ao papel que a UVigo desenvolve no proxecto Wheatbiome, o catedrático Jesús Simal sinala que “se centra en investigar os efectos dos novos produtos derivados do trigo, fermentados ou non, na súa calidade hixiénico-sanitaria e nutricional e a riqueza en compostos bioactivos, realizando estudos de proteómica e metabolómica, así como estudos de interacción entre proteínas e compostos bioactivos, determinando a súa bioaccesibilidade e a bioctividade de propiedades antioxidante, prebiótica e antiinflamatoria en ensaios in vitro, para entender os potenciais efectos dietéticos do seu consumo animal e humano”, detalla o docente e investigador o Departamento de Química analítica e alimentaria. Estes traballos serán realizados na área de Nutrición e Bromatoloxía, da calidade hixiénico-sanitaria e nutricional e a riqueza en compostos bioactivos encargarase o grupo de investigación AA1, liderado polo catedrático Jesús Simal e os estudos de interacción molecular, bioaccesibilidade e a bioctividades serán desenvolvidos no CF1, baixo a dirección de Rosa Pérez.
Con 5 millóns de euros de orzamento, a investigación prolongarase ata decembro de 2026
Fonte: DUVI
Tuesday, 4 April 2023
Anti-diabetic potential of apigenin, luteolin, and baicalein via partially activating PI3K/Akt/Glut-4 signaling pathways in insulin-resistant HepG2 cells
Food Science and Human Wellness, 12 (6), 1991-2000 (2023)