Wednesday, 25 March 2015

Pedro Araújo, premio ao seu traballo coa auga



Un galardón a toda unha traxectoria dedicada a traballar, protexer e estudar as diferentes formas de conservar a pureza e potabilidade da auga. Esta foi unha das razóns pola que o proxecto O Bosque Máxico entregou este martes ao decano da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, Pedro Araújo, o seu premio Ouro Azul, co que tamén se lle quixo recoñecer os seus estudos no Campus da Auga. Unha mención "ilusionante" da que se sinte orgulloso e que o anima a seguir traballando en proxectos de investigación con augas termais, tarefa que retomará tras deixar o cargo ao rematar este segundo mandato ao fronte do centro. 

O seu próximo proxecto será determinar as temperaturas de almacén das augas termais, a temperatura máxima que acadan en profundidade antes de subir á superficie, pero tamén ten en mente a procura de zonas termais coa axuda de drones e cámaras termográficas coa Deputación de Ourense.

Fuente: DUVI
Foto: Faro de Vigo