Wednesday, 30 November 2022

Científicos, palangreiros e administración poñen en valor os beneficios nutricionais do consumo das grandes especies peláxicas

Presentáronse os resultados dun estudo do Grupo de Investigacións Agroambientais e Agroalimentarias sobre catro especies “ricas en proteínas de alto valor biolóxico” e ácidos graxos poliinsaturados.



A comunidade investigadora, palangreira e a administración puxeron este martes en valor os beneficios do consumo das grandes especies peláxicas, así como o efecto protector que ten o selenio fronte a contaminantes ambientais como o mercurio. Fixérono con argumentos científicos nun congreso celebrado nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo e no que se presentaron os resultados do proxecto 'Beneficios do consumo das especies tiburón azul (Prionace Glauca), marraxo (Isirus oxyrinchus), peixe espada (Xiphias gladius) e atún vermello (Thunnus thynnus)', estudo realizado polo Grupo de Investigacións Agroambientais e Agroalimentarias da Universidade de Vigo, liderado polo profesor Jesús Simal, a iniciativa de Sealab, a OPP Burela (Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela), Opromar (Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín), Carbopesca (Organización de Produtores Pesqueros Pescadores de Carboneras) e a OPP78 (Organización de Productores Pesqueros Artesanales del Estrecho).

A inauguración do encontro estivo presidida pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas para difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira. Neste liña pronunciáronse tamén os seus acompañantes de mesa, entre eles a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, María Isabel Doval, quen destacou que desde a Universidade de Vigo se valora moito calquera acción que teña que ver co peixe, “fonte de saúde”, e coa dieta atlántica como exemplo claro de alimentación saudable. “En dieta atlántica o sur de Galicia ten moito que achegar”, subliñou a vicerreitora, quen tamén adiantou que os resultados finais do proxecto serán difundidos entre a comunidade universitaria, “sobre todo nas nosas facultades de Educación, o mellor xeito de que cheguen ás escolas e ás familias, e tamén entre as empresas concesionarias dos comedores universitarios”.

Xunto a elas participaron tamén na inauguración do congreso o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; o director da Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín, Juan Carlos Martín, e o director da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela, Sergio López.




En canto ao valor nutricional destas especies, desde o Grupo de Investigacións Agroambientais e Agroalimentarias adiantaron no congreso que estas catro especies “son ricas en proteínas de alto valor biolóxico e cun excelente perfil aminoacídico, xa que son fonte de aminoácidos esenciais, entre eles: histidina, isoleucina, leucina, lisina, treonina, triptófano, valina, fenilalanina, metionina, chegando a achegar entre o 40 e o 60% da inxesta diaria recomendada de todos os aminoácidos esenciais”, explica o profesor Miguel Ángel Prieto, membro do comité científico do congreso xunto a Jesús Simal.

Ademais, segundo explicaron os coordinadores do estudo, estas especies achegan ácidos graxos poliinsaturados, principalmente omega 3, ácido eicosapentaenoico (EPA) e ácido docosahexaenoico (DHA), que demostraron ser beneficiosos para a saúde cardiovascular. “Entre estas catro especies destaca o atún vermello, unha das que maior contido de EPA e DHA achega”, explica Prieto. Por outra banda, son fonte de vitaminas liposolubles, como as vitamina A e D, e hidrosolubles, como as vitaminas do complexo B, principalmente niacina (B3), piridoxina (B6) e cobalamina (B12). A maiores, os expertos subliñaron que estas especies destacan tamén polo seu alto contido de minerais como o Selenio (Se), Zinc (Zn), Cobre (Cu) e Manganeso (Mn).

No relativo aos posibles prexuízos derivados da posible presenza de mercurio, os investigadores da UVigo destacan que “aínda que é certo que estas especies, polo lugar que ocupan na cadea trófica e por ser especies lonxevas, acumulan máis cantidade de mercurio en comparación con especies de menor tamaño”; con todo, tamén presentan bondades nutricionais que os converten nunha opción para explorar á hora de elixir. Neste sentido, resaltan a importancia de coñecer as recomendacións de consumo realizadas polas autoridades, especificamente pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) que recomenda para a poboación en xeral o consumo de 3–4 racións á semana de peixe procurando variar as especies entre peixes brancos e azuis. “So se fixa unha dose menor a grupos de poboación vulnerables, como os nenos entre 10 e 14 anos, onde limita o consumo destas especies a 120 g/mes, e as mulleres embarazadas ou que planeen estalo, casos nos que se desaconsella o consumo destas especies”. 




O estudo, do que ao longo desta mañá se están a presentar un primeiro avance de resultados, arrancou en febreiro de 2021 e rematará en 2023. Xira en torno a tres eixes fundamentais: realizar unha avaliación científica do valor nutricional e os beneficios do consumo destas catro especies; avaliar os datos teóricos das inxestas máximas recomendadas e os niveis máximos de mercurio permitidos, revisando o contido en mercurio de outros alimentos e comparando o risco do seu consumo; e determinar si o contido en selenio destas especies é suficiente para contrarrestar o efecto negativo do mercurio na saúde humana. Á espera das conclusión definitivas, os primeiros indicios invitan ao sector ao optimismo.

Fuente: DUVI

Wednesday, 16 November 2022

IV Xornada de Concienciación sobre o uso dos antibióticos


  • Lugar: Salón de Graos do Edificio Politécnico do Campus de Ourense
  • Data: xoves, 17 de novembro de 2022
  • Hora: ás 17.00h

 

  • 17.00h Presentación
  • 17.10h O piollo do salmón: xaque á salmonicultura

Dr. Raúl Iglesias Blanco (Profesor da área de Parasitoloxía na Universidade de Vigo)

  • 17.45h Inicio do Proxecto MicroMundo@UVigo3.0: aprendizaxe-servizo para a busca de microorganismos produtores de novos antibióticos(Curso2022-2023)

Dra. Julia Carballo Rodríguez (Profesora da área de Microbioloxía e Instructora MicroMundo na Universidade de Vigo)

  • 18.15h Mesa redonda sobre a participación no proxecto MicroMundo@UVigo

Participantes: Dna. María José Rodríguez Fernandez (Tutora, IES O Couto)

Alumnado do IES O Couto

D. Tomás González Rivas (Alumno da Facultade de Ciencias)

Dna. Julia Carballo Rodríguez (Instructora, Facultade de Ciencias)

  • 19.00h Clausura

Wednesday, 9 November 2022

“Ficus carica L.” and its by-products: A decade evidence of their health-promoting benefits towards the development of novel food formulations

 Trends in Food Science & Technology, 127, 1-13, 2022



Background
The food industry constantly searches for natural derived bioactive molecules with preventive and therapeutic effects using innovative and sustainable strategies. Fig production and processing generate a considerable amount of by-products (leaves, pulp, peels, seeds, and latex) with limited commercial exploitation and negative impact on the environment. These by-products are important sources of high value-added ingredients, including anthocyanins and pectins that can be of particular interest to the food industry as functional colourants, emulsifiers, and additives.

Scope and approach
This review curates recent advances in the valorisation of fig by-products as valuable sources of bioactive molecules for functional food development. Special attention was given to widely used extraction processes, main bioactive compounds, relevant biological properties, and the application of recovered bioactives for functional food development.

Key findings and conclusions
Fig by-products are essential sources of structurally diverse bioactive molecules with unique antidiabetic, anti-inflammatory, anti-tumour, immunomodulatory and cardioprotective properties. Owing to these health-promoting potentials, an integral valorisation approach involving sustainable technologies to recover these high value-added ingredients and its utilisation in novel food formulation development should be further stimulated.


Tuesday, 1 November 2022

Marine Macrolides to Tackle Antimicrobial Resistance of Mycobacterium tuberculosis

 Mar. Drugs 2022, 20(11), 691


Tuberculosis has become a major health problem globally. This is worsened by the emergence of resistant strains of Mycobacterium tuberculosis showing ability to evade the effectiveness of the current antimycobacterial therapies. Therefore, the efforts carried out to explore new entities from many sources, including marine, are critical. This review summarizes several marine-derived macrolides that show promising activity against M. tuberculosis. We also provide information regarding the biosynthetic processes of marine macrolides, including the challenges that are usually experienced in this process. As most of the studies reporting the antimycobacterial activities of the listed marine macrolides are based on in vitro studies, the future direction should consider expanding the trials to in vivo and clinical trials. In addition, in silico studies should also be explored for a quick screening on marine macrolides with potent activities against mycobacterial infection. To sum up, macrolides derived from marine organisms might become therapeutical options for tackling antimycobacterial resistance of M. tuberculosis.