Presentación

O Grupo de Investigacións Agro-Ambientáis e Agroalimentarias está constituído por investigadores da Facultade de Ciencias do campus periférico de Ourense. Todos eles veñen desenvolvendo a súa actividade nos diferentes eslavóns da cadea alimentaria e comparten o obxetivo de mellorar a produción, a calidade e a seguridade das materias primas e dos alimentos seguindo, do mesmo modo que outros centros punteiros neste ámbito a escala internacional, unha perspectiva global (“farm to fork”).

As características internas máis significativas do grupo son as seguintes:

• Complementariedade: Cada un dos investigadores e das liñas de investigación que o compoñen abordan dende a súa perspectiva metodolóxica e conceptual a investigación nos alimentos para abordar con garantías proxectos que abranguen dende a “granxa ao prato”, e dicir, dende a produción de materias primas ao consumidor.

• Articulación: O grupo AA1 por unha banda articúlase de xeito vertical ao longo da cadea de valor da produción de alimentos: dende a produción primaria a transformación e desenvolvemento de novos produtos, o aproveitamento dos refugallos e a calidade e seguridade das materias primas e dos produtos finais. Tamén existe unha articulación metodolóxica e conceptual xa que tódalas liñas de traballo que interseccionan e que comparten e empregam os mesmos procedementos experimentais, recursos e equipamentos científicos ou os fins da súas actividades son similares.

• Ámbito xeográfico: O ámbito xeográfico inmediato é o sur de Galicia e, particularmente, a provincia de Ourense, estando perfectamente integrados no seu entorno socioeconómico.

• Masa crítica: O agrupamento abrangue máis dun cento de investigadores en conxunto, sendo de eles uns 10 funcionarios de plantel. Dende a perspectiva integradora “farm to fork”, é un dos grupos de investigación do ámbito alimentarios máis grande de Galicia, considerando tanto o SUG como o resto das OPIs tanto en termos de recursos humanos que mobiliza como de volume de produción científica e de recursos captados.

• Diversidade epistemolóxica: Fronte a agrupacións monolíticas en canto á procedencia disciplinar dos seus membros, o AA1 abrangue diferentes áreas de coñecemento con perfís profesionais moi diferentes, dende físicos a veterinarios e dende biólogos a enxeñeiros. Esta característica fai do AA1 un espazo de diversidade epistemolóxica que enriquece o enfoque dos problemas que aborda e permite solucións pouco previsibles en outro tipo de agrupamentos de carácter corporativo.

O AA1 ten unha visión integral vertical na abordaxe "do prado ao prato" (“farm to fork”), e aborda os problemas ao longo de toda a cadea alimentaria, pero cun foco especial en:

1. A compatibilidade entre a produción de alimentos e protección ambiental.

2. As esixencias dos consumidores de produtos alimenticios seguros, saudables, máis satisfactorios sensorialmente, e cómodos de usar.

3. As demandas industriais de valorización eficiente de residuos agroalimentarios e subprodutos.

O AA1 é unha realidade madura na área da cadea alimentaria global. Naceu co foco na valoración eficiente de subprodutos, tanto os residuos non alimentarios (tales como o estrume animal, residuos de cultivos, etc.), coma os produtos alimentarios de baixa calidade, xa sexan de vexetais e froitas ou de subprodutos animais. Dúas estratexias diferentes están a seguirse dependendo do tipo de subprodutos: a valoración agronómica para residuos non alimentarios, e a valorización industrial para os produtos alimenticios de baixa calidade. No primeiro caso, o foco está na produción sustentábel de alimentos, prestando atención á bioacumulación de contaminantes e aos seus efectos sobre a calidade do solo e produtividade agrícola. No outro caso, o foco está no desenvolvemento de novos alimentos a través da recuperación ou produción de ingredientes funcionais a partir dos subprodutos, así como no aumento da súa vida útil obtendo produtos máis estables. En calquera dos casos, o obxectivo será obter alimentos seguros con alta calidade sensorial, nutricional e funcional.

O AA1 está formado por científicos con experiencia en 3 áreas estratéxicas. Destas 3 áreas, 2 son verticais:

1. "Produción sostible de alimentos": principalmente ao cargo de biotecnólogos e bioquímicos. Ten traballado por moito tempo estudando o transporte de contaminantes no sistema solo-auga-cultivo e na contaminación dos recursos hídricos. Algúns deles tamén traballaron na valorización de residuos na agricultura e silvicultura.

2. "Desenvolvemento de novos alimentos": con especialistas na recuperación e bioprodución de ingredientes funcionais a partir de subprodutos e residuos, así como no desenvolvemento de non soio novos alimentos funcionais, senón tamén novos envases activos para alimentos.

Outra área é horizontal e pode servir de nexo entre as dúas anteriores. Trátase de "Calidade e seguridade dos alimentos", e está formado por químicos, nutricionistas e bromatólogos, con ampla experiencia en desenvolvemento de métodos analíticos con instrumentación potente para desenvolver novas estratexias que permitan garantir a seguridade e autenticidade de alimentos.