Tuesday 11 April 2023

A UVigo participa nunha investigación europea para desentrañar o potencial do microbioma do trigo e desenvolver alimentos e pensos máis sans e sostibles


Xunto á UVigo, a Universitat de València e as empresas Contactica, Isanatur Spain e Editorial Agrícola Española conforman a representación española no proxecto que ten como obxectivo principal comprender de que modo a microbiota impacta, dunha banda, o cultivo do trigo e a calidade nutricional de forma xeral e específica, respecto ás proteínas causantes la enfermidade celíaca; a produción de novos alimentos para humanos e animais usando microbiota autóctona con carácter probiótico, así como outros microorganismos con coñecida capacidade probiótica; a percepción de sabor a través do estudo da interacción composición alimento-microbiota, alimento-microbiota humana, e o impacto na saúde a través dos estudo da interacción composición alimento microbiota, alimento-microbiota humana.

“Contamos con expertos das áreas de edafoloxía e química agrícola, ciencia e tecnoloxía dos alimentos e nutrición, alimentación animal e ciencias veterinarias, bioloxía molecular e celular e nutrixenómica e estudos clínicos”, detalla a coordinadora de Wheatbiome, que engade que este traballo será complementado con expertos en transferencia de coñecemento (formación ao sector primario), a industria alimentaria (encargada dos prototipos de alimentos a testar en humanos) e un equipo de bioinformáticos, para desenvolver unha ferramenta de toma de decisións nunha perspectiva transnacional para modelizar os datos obtidos para predicir comportamentos futuros. 

En canto ao papel que a UVigo desenvolve no proxecto Wheatbiome, o catedrático Jesús Simal sinala que “se centra en investigar os efectos dos novos produtos derivados do trigo, fermentados ou non, na súa calidade hixiénico-sanitaria e nutricional e a riqueza en compostos bioactivos, realizando estudos de proteómica e metabolómica, así como estudos de interacción entre proteínas e compostos bioactivos, determinando a súa bioaccesibilidade  e a bioctividade de propiedades antioxidante, prebiótica e antiinflamatoria en ensaios in vitro, para entender os potenciais efectos dietéticos do seu consumo animal e humano”, detalla o docente e investigador o Departamento de Química analítica e alimentaria. Estes traballos serán realizados na área de Nutrición e Bromatoloxía, da calidade hixiénico-sanitaria e nutricional e a riqueza en compostos bioactivos encargarase o grupo de investigación AA1, liderado polo catedrático Jesús Simal e os estudos de interacción molecular, bioaccesibilidade  e a bioctividades serán desenvolvidos no CF1, baixo a dirección de Rosa Pérez.

Con 5 millóns de euros de orzamento, a investigación prolongarase ata decembro de 2026

Fonte: DUVI